Sunday, 19 April 2015

EXAM TIPS:  


1. Resumo: Identifica as ideas principais do texto. NON inclúas información secundaria ou anecdótica e non escribas máis de 50 palabras. Por último, non copies literalmente do texto. Bótalle unha ollada aos consellos para a redacción ao final deste artigo, pois son igual de útiles para o resumo, quitando a parte creativa, pois aquí non deberás, baixo ningún concepto, incluír as túas propias ideas, of course!

2. Busca de sinónimos: Intenta coñecer polo contexto o significado das palabras do texto. Busca palabras da MESMA categoría gramatical (de ser un verbo, tamén na mesma forma e tempo). Non escribas máis palabras das necesarias.

3. Rewriting: Intenta recoñecer a estructura gramatical necesaria para a reescritura, realiza os cambios pertinentes e repasa, volvendo a comparar coa orixinal e asegurándote de que mantes o mesmo significado. Recorda que algúns dos puntos gramaticais que debes cubrir son:

  • Voz activa /voz pasiva (incluído causativo: I am having my eyes tested, pasiva con reporting verb: He is believed to be a murderer; un complemento indirecto como suxeito paciente: Jim was brought a beautiful present by his sister)
  • Estilo directo/estilo indirecto.
  • Oración de relativo
  • Conxuncións, connectors, medios de cohesión (To me, this landscape is desolate. Yet, to them, it's rich./ Although to me this landscape is desolate, to them, it's rich)
  • Oracións condicionais (de 1º, 2º, 3º tipo, con unless, con wish, if only...)
  • Verbos modais e modais perfectos.
  • Oración de subxuntivo: ("Why don't you call me tomorrow?" he said/He suggested I call/I should call him the following day)
  • Xerundio ou infinitivo: Jim doesn't smoke anymore/Jim stopped/gave up smoking.
  • Comparativo/superlativo/so and such/ too and not enough
  • Would prefer/ would rather: I would prefer her to come alone/ I would rather she came alone.
  • Tempos verbais: (He had never been in India before/ It was the first time he had ever been in India) (They usually take the bus to go to work/ They are used to taking the bus to go to work) (At that time, I usually slept three hours a night/ At that time, I used to/ would sleep three hours a night)

4. Responde ás preguntas sobre o texto: Para obter un bo resultado, contesta ás preguntas con información do texto, pero nas túas propias palabras. Asegúrate de incluír toda a información requerida, pero non máis do que se che pide. Unha vez rematado, le a pregunta e comproba se respondes satisfactoriamente á pregunta. Repasa a estructura gramatical, o spelling, a expresión, etc. para non cometer erros na túa resposta.

5. Redacción: Tes que escribir sobre o tema proposto. De ningunha maneira redactes sobre outro tema ou uses o título como pretexto para falar do que ti queiras, xa que recibirás cero puntos.
De ningunha maneira reproduzas literalmente extractos do texto orixinal.
En primeiro lugar, sé ordeado, escribe con boa letra, deixa marxes... en fin, coida a presentación da túa redacción.
Organiza ben as túas ideas, divide o texto en parágrafos, usa conxuncións e medios de cohesión para unir/contrastar/secuenciar ideas.
Sé creativo, interesa ao teu lector e emprega léxico rico e axeitado.
Finalmente, repasa a túa redacción para comprobar que usas ben a puntuación, que non cometes fallos gramaticais, que as palabras están ben deletreadas, etc. Cando repases a redacción, en especial, asegúrate de non cometer erros básicos:

  • utilizar os adxectivos en plural
  • non colocar os distintos elementos na orde incorrecta dentro da frase
  • omitir o -s de terceira persoa no present simple
  • non omitir o suxeito diante do verbo
  • recorda que ten que haber concordancia suxeito-verbo
  • non empregar verbos e tempos verbais axeitados
  • non empregar os pronomes e posesivos axeitados
  • erros nas negativas/interrogativas
  • empregar palabras en galego/español ou deixar ocos en branco!

Se non sabes dicir algo, intenta darlle un xiro expresivo, pero se non es quen de o facer, non o fagas, di outra cousa. En todo momento, intenta que se entenda o que dis e que baixo ningún concepto se produzan cortes na comunicación ou malentendidos.

6. Listening: Le todas as preguntas e respostas durante os dous minutos previos ás audicións. Reláxate, os nervios "pechan os conductos auditivos". Tras a última escoita, non deixes ningunha pregunta sen contestar.

UN ÚLTIMO CONSELLO: NON ENTREGUES ANTES DE TEMPO, REPASA TODO O EXAME COMO UNHA FORMIGUIÑA ATA QUE ESGOTES O ÚLTIMO MINUTO.





No comments:

Post a Comment